BSERVA_ACCIÓN
Fase 1:
Abrimos as portas das nosas aulas para vivir unhas observacións enriquecedoras
Pasos importantes
Interdepartamental
Aprendemos moito saíndo do noso departamento ou sección
Conciencia desapegada
A persoa observadora anota o que ve (non o que opina sobre o que ve)
Entrevista posterior
Análise das experiencias vividas na aula é clave
Ruth
Avendaño
A2
Fiona
Brennan
C2
Helen
Burr
C1
Robin
Duncan
B1
Laura
Torrado
C2
Inglés, Sede Central
Isabel
García
B2.2
Ghislain
Potier
A1, C2
Salvador
Quesada
A1, B1.3, B2.1
Francés, Sede Central
Chinés, Sede Central
María
Tenorio
B2.1
Iria
Monteagudo
C1.1
Santiago
García
B2.1, B2.2
Ana
Prieto
B2.1, C1.2
Elena
Espinosa
C1.2
Inglés, Seccións
Cangas
Coia
Nigrán
Redondela
Tui
Participantes na primeira ronda de observacións na EOI de Vigo
Profesorado | Observáronme | Observei a… | ||
Avendaño Coombe, Ruth | Maria | Santi | Santi | Santi |
Brennan , Fiona Mary | Elena | Ruth | Iria | Ruth |
Burr , Helen Avery | Ana | Iria | Robin Ana | Iria Ghislain |
Duncan Thorburn, Robin Joseph | Salvador | Helen | Salvador | Ruth |
Espinosa Ruiz, Elena | Isabel | Ghislain | Isabel | Fiona |
García Fernández, María Isabel | Laura | Elena | Laura | Elena |
García Sanz, Santiago | Ana | Ruth | Ruth | Ruth |
Monteagudo Alonso, Iria | Fiona | Helen | Helen | Fiona |
Potier, Ghislain James C. * | Helen | Helen | Ana | Elena |
Prieto Hermida, Ana María | Helen | Ghislain | Helen | Santiago |
Quesada Herrero, Salvador | Robin | Maria | Maria | Robin |
Tenorio del Río, María José | Laura | Salvador | Ruth | Salvador |
Torrado Mariñas, Laura | Isabel | Isabel | Isabel | María |
*A estancia PIALE impediulle completar as observacións no prazo estipulado
Calendario de Observacións
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
6-10 novembro | Helen Ana | ||||
13-17 novembro | Laura Isabel | Ruth María | Iria Fiona Isabel Laura | Ruth Santiago Helen Iria | |
20-24 novembro | Santiago Ana Isabel Elena | Santiago Ruth | Salvador Robin | Fiona Iria Salvador Maria Ruth Santi Maria Salva | |
27 nov - 1 dec | Elena Isabel Maria Laura Robin Helen | Iria Helen Laura Isabel | Ana Helen | Fiona Ruth Ruth Robin Isabel Laura | Fiona Elena |
4 decembro | Ghislain Helen |
Persoa Observada
Persoa Observadora
Entrevistas iniciais
Portafolios
Carpetas das evidencias
Ferramentas observadas
Non só nos fixamos nas interaccións nas aulas
Tamén decatámonos dos distintos recursos e ideas que chaman a atención ao sair da nosa rutina. Nalgúns casos foi a primeira vez que visitamos unha sección ou que escoitamos de perto unha lingua ou accento.
Aprendendo xogando
Colección de xogos admirada na sección de Redondela
Biblioteca de aula
Animando a lectura na clase de B2.1 en Redondela
Comprensión oral
Disfrutando dos novos paneis dixitais na Sede Central
Utilizando as paredes
Alumnado de pé a emparellar títulos con extractos de libros
Ruth Avendaño
Despóis da reunión previa, decidín facer a observación focalizada sobre o tema da expresión oral do alumno, no senso de que o alumno participe na clase falando él (ou ela) e practicando as súas competencias comunicativas.
Fiona Brennan
Penso que observar a outros é o que mais axuda a dar mellor a clase. Ó ver cómo da unha clase outro docente, pódense aprender boas prácticas que son de moita axuda.
Helen Burr
A experiencia resultou moi enriquecedora para min.
Vin técnicas interesantes nas clases dos compañeiros e reflexionei sobre que aspectos favorecen máis participación co alumnado. Coñecín dúas seccións, Redondela e Coia, que nunca visitara previamente.
Robin Duncan
A pesar de ter comezado a aplicar as suxestións dos meus compañeiros, aínda preciso tempo para asentalas. Tamén hai ferramentas que observei en compañeiros que aínda non tiven oportunidade de poñer en práctica na miña aula. Algo a destacar pode ser que estou intentando darlle unha maior autonomía ao meu alumnado.
Elena Espinosa
O que máis serviu foi a reflexión conxunta durante a sesión de feedback. Saíron moitas inquietudes e comentamos dificultades que atopamos na aula e que son comúns e formas de resolvelas. Foi moi reconfortante e informativo.
Tamén serviume para afrontar as miñas inseguridades e ver que teño moito camiño feito e aprendín moito dende que comecei a traballar como profesora, hai xa case 20 anos.
tui: IES
San Paio
Isabel García
Parécenme imprescindibles a entrevista previa e a reflexión posterior, concebidas, sobre todo, tal e como aconteceu no noso caso, como unha tarefa conxunta, un intercambio útil de impresións. Tamén o considero unha forma de reafirmación nalgúns casos, ao comprobar que as nosas prácticas non están tan afastadas unhas de outras.
Materiais de Elena Espinosa
Santiago García
Antes de superar o proceso selectivo en 2019, carecía de experiencia como alumno ou docente na EOI: todo proceso de mellora introducido na miña práctica baséase na percepción propia e no feedback do alumnado. Malia a inevitable tensión de expoñer publicamente o traballo propio ante compañeiros do claustro cos que podo carecer dunha relación persoal previa, afronto esta experiencia como unha magnífica oportunidade de mellorar na miña práctica docente.
Ghislain Potier
Estiven a observar clases en Bordeaux todo o mes de novembro. Velaquí a presentación que amosei ao meu alumnado na primeira sesión de volta con eles.
Pendente
Pendente
Ana Prieto
Sempre lle estou dando voltas as cousas, cada curso é diferente porque os
grupos son diferentes, actividades que funcionaron outros anos poden non
funcionar este. Este ano teño moitos adolescentes e xente nova , bastante
tímidos, e teño a sensación de que as veces non chego a eles. Por iso,
sempre estou buscando novas metodoloxías para motivalos.
María Tenorio
Sentíame expectante, con curiosidade e á vez algo nerviosa. A pesar de ter experiencia noutros niveis educativos, este é o meu primeiro ano na escola. Son consciente de que probablemente teña moitos aspectos que mellorar na miña práctica docente e espero que esta experiencia axude.
entrevista
inicial
Laura Torrado
Ser observador é unha experiencia tremendamente enriquecedora e necesaria para calquera docente. Todos tendemos a interiorizar certos patróns e modos de facer as cousas e, polo tanto, resulta moi positivo ter a oportunidade de observar a compañeiros e compañeiras de diversas linguas e transfondos metodolóxicos e así seleccionar aqueles aspectos que estean máis aliñados coa personalidade docente propia.
Animádevos a participar
Os participantes nesta ronda de observacións quedamos moi satisfeitos. Queremos seguir no camiño polo que a continuación propoñemos un decálogo de boas prácticas na observación entre pares para animar ao noso claustro a sumarse no futuro.